MARTES 17 DE MARZO DE 2020.


En lingua galega hoxe toca taller de escritura e como estamos no mes da poesía, unha pequena práctica:

Taller de escritura

 Pola fiestra

Pola fiestra anda o luar
a laiar
a aruñar,
a runxer,
coma un gatiño orfo
que non se quer
deitar.

Anda, gatiño, fuxe,
que a nena xa durme...

Xosé Mª Álvarez Blázquez



1.-Le este poema de Xosé Mª Álvarez Blázquez.
2.- Busca información sobre o autor.
3.- Intenta escribir un poema seguindo a Xosé Mª Álvarez Blázquez. 
  • Ponlle título. 
  • Pode comezar así : Por Galiza anda o Virus

Comentarios

Publicacións populares deste blog