Martes 31 de marzo de 2020

Hoxe temos un día de aprendizaxe a través da creatividade e do xogo. Atreveste?

LINGUA GALEGA

Para empezar temos taller de escritura.

Quero que coñezades un dos poemas de Antonio García Teijeiro que aparece na súa obra:  "Paseniño, paseniño" da editorial Xerais, que temos na Biblioteca de Xalín.

Fixádevos moito en cada verso, contádelle as sílabas, mirade a rima, observade as repeticións ....
E logo para seguir "Poemando marzo" creade un poema, esta vez libremente:
  •  Poñede título, 
  • Empezade como queirades e...
  •  Seguide co modelo de Antonio García Teijeiro. 


A CREAR!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog