Mércores 25 de marzo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Lede este pequeno texto sobre os principais obxectivos da UE :

Todos os países que están na Unión Europea traballan xuntos para:

Promover a paz,  os seus valores e o benestar dos seus cidadáns e cidadás.
Ofrecer liberdade, seguridade e xustiza sen fronteiras interiores.
Favorecer un desenvolvemento sostible baseado  nun crecemento económico equilibrado e na estabilidade dos prezos.
Protexer o medio ambiente.
Combater a exclusión social e a discriminación.
Promover o progreso científico e tecnolóxico.
Reforzar a cohesión económica, social e territorial e la solidariedade entre os Estados membros.
Respectar a riqueza da súa diversidade cultural e lingüística.
Establecer unha unión económica e monetaria co euro como moeda.

  1.  Apuntade as palabras clave para recordalos.
  2. Buscade no dicionario da RAG as palabras descoñecidas para comprender ben o texto e o significado dos obxectivos.
  3. Elaborade o voso propio esquema coas vosas palabras.
  4. Visitade a páxina oficial da UE para ampliar coñecementos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog