Martes 14 de abril de 2020.

XOGOS DE MESA?. PARA QUE?. PARA QUEN?. COMO?


Podemos xogar por parellas
Podemos xogar en familia



Podemos buscar con taboleiros...


Podemos inventar xogos.





Hoxe tedes un labor de investigación e creatividade importante. 

Primeiramente preguntade a vosa familia por xogos de mesa que servan para practicar o cálculo mental, tomade nota de todoSe non fose posible buscade vós en calquer fonte de información e... tomade nota tamén.  Se aínda así non houbo sorte, poñede a funcionar a vosa creatividade e INVENTANDO XOGO DE MESA PARA CÁLCULO MENTAL.

Como todas e todos queremos coñecer o xogo e saber xogar, teredes que elaborar un folleto do xogo con: nome do xogo, un debuxo ou imaxe e todas as normas do xogo. Recordade  poñer o número de xogadoras ou xogadores, a idade para quen vai dirixido e todo o necesario para que poidamos xogar todas e todos.

E.. A XOGAR MOITO, CUMPLINDO AS NORMAS DO XOGO!


Comentarios

Publicacións populares deste blog