martes 28 de abril de 2020

MICRORRELATO

Un microrrelato é un relato ou conto moi breve que contén unha historia, inclúe personaxes con só unhas pinceladas de descrición.
Un microconto debe provocar asombro e reflexión en moi poucas palabras.

CONSELLOS PARA A CREACIÓN DE MICRORRELATOS:

1. Pensar o tema tendo en conta o que se pide.

2. Escribir unha historia mínima en pocas palabras que non son resume, nin anécdota, nin chiste. É un conto.

3. A diferencia dos relatos máis longos, non ten as tres partes na súa estrutura, pasa directamente ao nó para ofrecer seguidamente un desenlace con un xiro inesperado.

4. O narrador ou narradora é o mesmo ao longo de todo o microrrelato.

5. Terá moi poucos personaxes. tres xa son multitude. Mellor máximo dous.

6. O tempo transcurrido na historia será curto. Pasará moi pouco tempo entre o inicio da acción e o final da historia.

7. O escenario casi único. Non deben aparecer multitude de escenarios. A acción transcurrirá nun lugar determinado.

8. Seleccionaranse ben os detalles das presentacións de personaxes e lugares para que sexan impactantes.

9. Un microrrelato, en definitiva, é un exercicio de precisión para contar historias. Por iso debemos utilizar palabras impactantes, cargadas de significado; tamén é moi importante o título porque nel se desvelará algo da esencia da historia.

ÁNIMO E A CONTAR UNHA HISTORA CURTA!

EXEMPLO: 

Comentarios

Publicacións populares deste blog