Mércores 1 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe acabamos o repaso do tema da Unión Europea:

Como vai a localización dos países que a forman?

Xa sodes quen de colocar nunha liña do tempo os principais acontecementos?

Xa recordades as institucións e as súas funcións?.

Se xa sabedes todo iso, hoxe centrarémonos en España e recordaremos o seu ingreso e a súa labor nas distintas institucións europeas. 
Para iso imos utilizar:
  •  O libro de texto (páxinas 130 e 131) 
  • A páxina oficial da UE : https://europa.eu/european-union/about-eu_es. Nesta páxina están os datos actualizados porque no libro de texto está editado antes dos últimos acontecementos da UE. Seres quen de contrastar datos e actualizalos?






E unha vez que xa leades todo, poñédevos a proba facendo os exercicios 1,2 e 3 da páxina 131.



Logo, e como técnica de estudo, podedes facer un resumo valéndovos do modelo da páxina 133.




Comentarios

Publicacións populares deste blog