mércores 15 de abril de 2020

ACONTECEMENTOS DA TÚA HISTORIA

Para recordar algún concepto necesario para entender o estudo da historia, hoxe ides facer unha bonita práctica:

Debuxaredes a vosa liña do tempo dende o nacemente ata hoxe.

Situaredes os feitos ou acontecementos máis importantes para vós.

Cada feito ou acontecemento irá acompañado da fonte que vos proporcionou a información para colocalo nesa data. Debedes recordar que as fontes, que dan información e probas dos feitos, poden ser escritas, gráficas, orais ou materiais. 


Para debuxar a liña do tempo podedes utilizar o seguinte modelo ou otro orixinal creado por vós.


Nos rectángulos superiores escribiríase o feito coa data, debaixo a fonte de información que se utiliza para situalo e na parte inferior da liña do tempo( liña discontinua) a explicación da importancia do feito ou acontecemento.

Poñede a funcionar a memoria e a investigación sobre a vosa historia!

Comentarios

Publicacións populares deste blog