Venres 17 de abril de 2020

CREACIÓN DE XEROGLÍFICOS

Hoxe propóñovos crear xeroglíficos usando os pronomes que coñecedes da lingua galega.

Somentes necesito a creación dun xeroglífico por alumna ou alumno, pero podedes crear moitos máis.

O xeroglifico creado debe estar ben presentado, cuns debuxos ben feitos e coloreados, cunha letra ben bonita e sen faltas de ortografía, e... a pensar que, despois de recibilos no correo, subireinos a este blog para que intentedes resolver os dos demais.

Tedes dous exemplos na páxina 97 do voso libro de texto que debedes resolver para prácticar.



Para que repasedes os pronomes, póñovos as táboas que aparecen no apéndice do libro de texto:














Comentarios

Publicacións populares deste blog