Xoves 2 de abril de 2020
Sabes de algunha planta que se mova cando a tocas?
Como responden as túas plantas aos cambios que hai na túa casa?
CIENCIAS DA NATUREZA
FUNCIÓN DE RELACIÓN DAS PLANTAS
A función de relación dos seres vivos é o conxunto de
respostas que dan para poder vivir nun contorno.
Os seres vivos captamos os cambios que se dan no ambiente e
respondemos ante eles. Podemos responder con movementos, producindo
substancias, etc.
As plantas realizan a función de relación aínda que non se
desprazan e carecen dos órganos dos sentidos. Cando a planta capta un estímulo, algunhas das súas
células detectano e envían sinais a outras células para que se produza unha
resposta coordinada de toda a planta ante o estímulo.
As plantas tamén reaccionan aos estímulos ambientais , como á
luz, á temperatura,á humidade, etc e poden reaccionar aos cambios do seu contorno:
- Poden axustar algúns do seus procesos vitais a cada estación do ano:
- · Producen flores na primavera.
- · Perden follas no outono.
- · Reducen a súa actividade no inverno.
- · ...
- 2. Poden facer algúns movementos para responder aos cambios ambientais:
- · Pódense mover hacia a luz.
- · Poden abrir e cerrar os pétalos das flores.
- · Poden medrar as raíces en busca de auga.
- · ...
3.Poder experimentar cambios ao ter contacto con outros seres:
- · Encoller as follas cando as tocamos.
- · Cerrar as follas cando cae un insecto no seu interior.
- · Producir sustancias que den sabor amargo ás súas follas para que non as coman.
- · Producir sustancias para provocar urticaria.
Esta imaxe pertence ao recurso abalar que vos puxen en sesións anteriores, pero non permite ver os videos.
Actividades:
Sabes de algunha planta que se mova cando a tocas?
Como responden as túas plantas aos cambios que hai na túa casa?
Para contestar no caderno:
Cómo se chama esta planta?. Por que recibirá este nome?
Cómo se chama esta planta?. Por que recibirá este nome?
Que fan as plantas das fabas verdes e a s vides cando medran?
Por que se di que hai plantas carnívoras?
Que fan as raíces das plantas se hai moita humidade? e se hai pouca?
Para experimentar
Pide permiso na casa e fai estes experimentos:
O 1º faralo cuha planta xa formada e o 2º poñendo unha semente de faba en algodón e deixala xerminar tal e como aparece na fotografía. Vai anotando o que pasa cada día.
Tamén podes colocar en horizontal unha maceta que teñas cunha planta para observar o movemento que experimenta o seu tronco co paso dos días.
Hola somos Lorena e Víctor podes explicar meior como se fai o segundo experimento que non entendemos moy ben
ResponderEliminarNecesitades un recipiente de plástico ( unha botella cortada). Nel poñede algodón humido e 2 ou 3 sementes de faba.
EliminarNunha caixa de cartón poñedes outros trozos en horizontal coma na imaxe e esperar para investigar.