Xoves 2 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA

FUNCIÓN DE RELACIÓN DAS PLANTAS

A función de relación dos seres vivos é o conxunto de respostas que dan para poder vivir nun contorno.
Os seres vivos captamos os cambios que se dan no ambiente e respondemos ante eles. Podemos responder con movementos, producindo substancias, etc.

As plantas realizan a función de relación aínda que non se desprazan e carecen dos órganos dos sentidos. Cando a  planta capta un estímulo, algunhas das súas células detectano e envían sinais a outras células para que se produza unha resposta coordinada de toda a planta ante o estímulo.

As plantas tamén reaccionan aos estímulos ambientais , como á luz, á temperatura,á humidade, etc e poden reaccionar aos cambios do seu contorno:
  1. Poden axustar algúns do seus procesos vitais a cada estación do ano:

  • ·         Producen flores na primavera.
  • ·         Perden follas no outono.
  • ·         Reducen a súa actividade no inverno.
  • ·         ...

  • 2. Poden facer algúns movementos para responder aos cambios ambientais:
  • ·         Pódense mover hacia a luz.
  • ·         Poden abrir e cerrar os pétalos das flores.
  • ·         Poden medrar as raíces en busca de auga.
  • ·         ...

3.Poder experimentar cambios ao ter contacto con outros seres:
  • ·         Encoller as follas cando as tocamos.
  • ·         Cerrar as follas cando cae un insecto no seu interior.
  • ·         Producir sustancias que den sabor amargo ás súas follas para que non as coman.
  • ·         Producir sustancias  para provocar urticaria.

      Esta imaxe pertence ao recurso abalar que vos puxen en sesións anteriores, pero non permite ver os videos. 


     Actividades:



Para pensar:
    Sabes de algunha planta que se mova cando a tocas?
   Como responden as túas plantas aos cambios que hai na túa casa?

    Para contestar no caderno:
Cómo se chama esta planta?. Por que recibirá este nome?









       Que fan as plantas das fabas verdes e a s vides cando medran?

       Por que se di que hai plantas carnívoras?

      Que fan as raíces das plantas se hai moita humidade? e se hai pouca?


    Para experimentar
   Pide permiso na casa e fai estes experimentos:




      O 1º faralo cuha planta xa formada e o 2º poñendo unha semente de faba en algodón e deixala xerminar tal e como aparece na fotografía. Vai anotando o que pasa cada día.
        Tamén podes colocar en horizontal unha maceta que teñas  cunha planta  para observar o movemento que experimenta o seu tronco co paso dos días.



Comentarios

  1. Hola somos Lorena e Víctor podes explicar meior como se fai o segundo experimento que non entendemos moy ben

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Necesitades un recipiente de plástico ( unha botella cortada). Nel poñede algodón humido e 2 ou 3 sementes de faba.
      Nunha caixa de cartón poñedes outros trozos en horizontal coma na imaxe e esperar para investigar.

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog